Apartado de Correos 95
15780 Santiago de Compostela
Galicia
Volver ao índice
 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

apósito adhesivo , tirita

 

Ficha elaborada por Xurxo Feijoo

20/7/2005

 

Despois da Guerra Civil española, un empresario catalán, Gerard Coll, encargouse de introducir este produto en España e en 1954 bautizouno con este nome que o popularizou por todo o país. Porén, o produto xa nacera unhas décadas antes, en 1917, inventado polo estadounidense Earle Dickinson. O produto fai referencia a unha tira adhesiva que ten un apósito esterilizado por un lado e que se coloca sobre feridas pequenas para protexelas.

O termo “tiritas” presenta un problema terminolóxico en galego porque é un castelanismo moi introducido na lingua. Desde o punto de vista terminolóxico, albíscanse dúas posíbeis solucións: a primeira pasa por adoptar un termo que describa claramente a realidade da que estamos a falar. Normalmente, esta opción ten como resultado propostas longas e un pouco máis formais ca a opción castelá: “tiras adhesivas”, “apósitos adhesivos”, “tiras cubreferidas”; a segunda solución fai referencia a unha forma que se constrúa en paralelo co castelán para aproveitar a relación que os falantes establecen de forma instantánea entre a denominación desa lingua e o concepto. Para esta segunda opción temos como exemplos “tiriña”, “tirela” ou “tireta”. Esta é tamén a solución que triunfou en catalán (“tireta”).
O Servizo de Terminoloxía Galega (Termigal) decántase pola primeira das opcións e propón o termo “apósito adhesivo” que algúns participantes da rolda non consideran axeitado pola súa formalidade e extensión.

As linguas do noso contorno teñen as seguintes equivalencias:
Pt. penso <DLPC2001>
Es. tirita <DRAE2001>
Fr. pansement adhésif <GDT>
It. cerotto adesivo <Zingvocab2001>
Ca. tireta <Termcerca>
En. adhesive plaster, sticking plaster <GDT>
Eu. lotura itsaskor <Uzeiuska>
De. Heftplaster <DeutDuden2003>