Apartado de Correos 95
15780 Santiago de Compostela
Galicia
Volver ao índice
 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

encaixe de Camariñas, encaixe de palillos

 

Ficha elaborada por Berta Castaño Torrado

5/4/2005

 

En galego empréganse popularmente dúas expresións para denominar o encaixe, é dicir, o tecido artístico que se fai á man ou á máquina: encaixe de palillos e encaixe de Camariñas. No ámbito estritamente galego estes dous termos poden ser equivalentes se falamos do encaixe da zona que vai de Noia a Malpica, que é de onde procede o chamado encaixe de Camariñas (ou encaixe de palillos de Camariñas). Entón, "encaixe de palillos" é un termo máis xenérico que mesmo se podería empregar para denominar o encaixe feito noutros lugares, como por exemplo nalgunhas zonas de Bélxica.
O termo "palillo" fai referencia aos pequenos paus, xeralmente de madeira, que se empregan na elaboración do encaixe ( Dicionario da Real Academia Galega).

Para "encaixe de palillos" temos nas linguas do noso contorno as seguintes equivalencias:

Pt: renda de bilros <BDTT>
Es. encaje de bolillos <BDTT>
Fr. dentelle <GDT>
It. pizzo al tombolo <TamDIZIT2004>
Ca. punta al coixí <Termcerca>
En. bobbin lace, pillow lace
<BDTT>