Apartado de Correos 95
15780 Santiago de Compostela
Galicia
Volver ao índice
 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

fedaís

 

Ficha elaborada por Xabier Cid

30/9/2004

 

Co termo fedaís faise mención a distintos colectivos árabes de loita armada ao longo da historia. Hai referencias dun grupo así chamado entre os séculos VIII e XIV, dun colectivo político-relixioso iraní entre 1943 e 1955, dun grupo de resistencia armado palestino forxado no exilio logo da guerra do 48, e mesmo un dos grupos actuais iraquís de resistencia á ocupación (os Fedaís Saddam).

A palabra ten orixe no árabe fadâ'î ("alguén que está disposto a deixar a vida pola causa"). Ese é un termo singular, e o plural sería fadâ'îyîn. As linguas occidentais déronlle distintas saídas, en moitos casos dubitativas.
Fedayeen, s. e pl. [en, pt, it]
Fedayin, s. e pl. [pt]
Fedaï, fedaïs [fr]; fedayin pl. [fr]
Fedaj, fedajin [de]
Fedai, fedayin [es]: libro de estilo de El País. Tamén atopei exemplos de feday s.[es], máis conformes coa ortografía estándar española.
Fedaí, pl. [gl]: Gran Xerais.

Conforme os razonamentos de Xavier Frías, a forma galega singular (m. e f.) debería ser fedaí. Poderíase optar por un plural irregular (fedaín) ou por un plural regular (fedaís), tendo en conta que o uso máis habitual nos medios é o plural. En todo caso, non parece xustificábel o plural fedaí que propón o Gran Xerais.
Xavier Frías aconsella o plural regular, e por esa forma optamos en Vieiros. Un termo como xií, suní ou iraquí.