Apartado de Correos 95
15780 Santiago de Compostela
Galicia
Volver ao índice
 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

galápago, sapoconcho, tartaruga

 

Ficha elaborada por Xurxo Feijoo

15/3/2005

 

O termo "galápago" fai referencia en español ao réptil quelonio de auga doce que dá nome ao arquipélago ecuatoriano das Illas Galápagos no océano Pacífico.
En galego, empréganse dous termos para designar aos quelonios: tartaruga e sapoconcho. No Manual de Galego Científico de Carlos Garrido, o termo "tartaruga" é o nome xeral dos réptiles quelonios, particularmente das especies non dulceacuícolas, tanto as mariñas como as terrestres. "Sapoconcho" designa ás especies de quelonios de augas doces continentais.
O problema en galego é saber cal dos dous termos é o xenérico. Entre as opinións da rolda de terminoloxía, hai persoas que opinan que "tartaruga" é o termo xenérico e outras que o é "sapoconcho". No dicionario da Real Academia Galega tanto "tartaruga" como "sapoconcho" aparecen como sinónimos. Ocorre o mesmo no novo Dicionario Ir Indo, mais empregan "sapoconcho" para designar ao "sapoconcho común" (Emys orbicularis).
En portugués "tartaruga" é o termo de uso común. "Sapo-concho" vén nos dicionarios, pero é unha voz só do rexistro popular, un rexionalismo, o estándar é "cágado", que, en galego, fai referencia á cría da ra. En resumo, segundo todo isto, o termo español "galápago" tería a súa equivalencia no galego "sapoconcho" e tartaruga equivalería ao español "tortuga".

Nas linguas do noso contorno temos as seguintes equivalencias:
Es.GALÁPAGO
Pt: cágado <DHLP2001>
Fr. tortue <GDT>
It. testuggine <Zingvocab2001>
Ca. tortuga <Termcerca>
En. tortoise <Wikipedia>

Es. TORTUGA
Pt: tartaruga <DHLP2001>
Fr. tortue <GDT>
It. tartaruga <Zingvocab2001>
Ca. tortuga <Termcerca>
En. turtle <GDT>