Apartado de Correos 95
15780 Santiago de Compostela
Galicia
Volver ao índice
 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

memoria USB, pen drive, lapis de memoria, USB flash drive, lápiz de memoria

 

Ficha elaborada por Xurxo Feijoo

25/6/2005

 

O termo inglés “pen drive” ou “USB flash drive” designa un novo dispositivo portátil de memoria que emprega memoria flash e un conectador USB (do inglés Universal Serial Bus, bus en serie universal) e que permite almacenar e transportar datos e transferilos dun ordenador a outro.

Aínda que o termo inglés é moi habitual, nas linguas do noso contorno pronto apareceron solucións autóctonas como, por exemplo o español “lápiz de memoria”. Chamáselle así pola forma que normalmente ten, que semella un lapis ou un bolígrafo. Este termo non sería moi aconsellable posto que hoxe en día hai dispositivos de formas e modelos moi variados. Aínda así, a forma “lapis de memoria” é unha equivalencia posible para algúns usuarios da lingua.

Outras formas que tamén están moi espalladas son “memoria USB” e “memoria portable ou portátil”. O segundo non parece moi axeitado porque non é preciso; hai dispositivos de memoria coma un CD ou un disquete que tamén se poderían considerar portátiles.
En xeral, o termo que mellor describe este aparello é “memoria USB” e é tamén o termo que propón o Servizo de Terminoloxía Galega.
Nas linguas do noso contorno temos as seguintes equivalencias:

Pt. pen (s.f.), memória USB <Internet>
Es. memoria USB <Internet>
Fr. mémoire USB <Termcerca>
Ca. memòria USB <Termcerca>
En. pen drive, USB memory device <Termcerca>