Apartado de Correos 95
15780 Santiago de Compostela
Galicia
Volver ao índice
 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

operador de guindastre, gruista

 

Ficha elaborada por Xurxo Feijoo

15/3/2005

 

O termo *gruista describe un oficio que consiste na condución dun guindastre. En galego, o nome do oficio dá lugar á confusión porque para o nome do vehículo existen dúas palabras aceptadas pola norma: grúa e guindastre (as dúas aceptadas no VOLGA, aínda que se dá preferencia á segunda). Polo tanto para denominar o oficio, hai persoas que optan por "gruísta" (por ser esta a forma maiormente empregada pola sociedade) e
outras por "guindastrista". No Servizo Galego de Terminoloxía (Termigal) óptase por "guindastrista" ou "operador de guindastre".

Na versión galega da Clasificación Nacional de Ocupacións (CNO-94) usan "operadores de guindastres", en concreto no nivel R 8542 "Operadores de guindastres, camións montacargas e de maquinaria similar de movemento de materiais"

Nas linguas do noso contorno temos as seguintes equivalencias::

Pt. Operador de guindaste <Internet> (Tamén aparece "guindasteiro")
Fr. grutier, -ère; conducteur de grue <GDT>
It. gruista <Zingarelli2001>
Ca. gruista <Termcerca>
En. craneman; crane driver; crane operator <GDT>
De. Kranführer/in <DeutDuden2003>