Apartado de Correos 95
15780 Santiago de Compostela
Galicia
Volver ao índice
 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

muro artificial de escalada, rocódromo

 

Ficha elaborada por Xurxo Feijoo

5/4/2005

 

A palabra "rocódromo" en español pode facer referencia tanto ao lugar onde se practica o deporte da escalada como ao recinto onde se celebran concertos de rock. Neste caso, ímonos centrar na primeira das acepcións.

Aínda que a palabra "rocódromo" ten designado nalgunha ocasión muros de escalada naturais, normalmente fai referencia a unha estrutura artificial que simula unha parede rochosa dunha montaña e que se emprega para adestrarse no deporte da escalada ou tamén para facer competicións.

O problema deste termo é que normalmente as palabras terminadas en –dromo designan recintos onde compiten (o sufixo -dromo vén do grego dromos e significa "carreira") vehículos (autódromo, velódromo) ou animais (canódromo, hipódromo), ou fóra do mundo deportivo, de lugares onde se gardan ou se fan probas con vehículos (aeródromo, cosmódromo). Entón, seguindo este paradigma o termo "rocódromo" non ten moito sentido porque sería algo así como o lugar onde "compiten pedras". Atendendo a isto, considérase máis aconsellable propoñer unha solución que exprese con maior precisión o obxecto que tentamos designar. O Servizo Galego de Terminoloxía, aínda que acepta o termo "rocódromo" ao estar tan introducido na lingua e ao ser empregado tamén en linguas como o portugués ou o catalán, propón "muro artificial de escalada".

Nas linguas do noso contorno temos as seguintes equivalencias:

Pt. rocódromo <Internet>
Fr. mur d'entraîment <Termcerca>
It. palestra di roccia <Internet>
Ca. rocódrom <Termcerca>
En. artificial training wall <Termcerca>