Apartado de Correos 95
15780 Santiago de Compostela
Galicia
Volver ao índice
 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

splicing, empalme, reparación do ARN, maduración, eliminación de intróns

 

Ficha elaborada por Xurxo Feijoo

20/7/2005

 

O termo inglés “splicing” fai referencia, no ámbito da bioloxía molecular, a un proceso de retirada de intróns e unión de exóns (tanto intrón como exón son segmentos de xenes) para producir a molécula madura do ARN. O problema deste termo é que o seu significado non se pode expresar facilmente na nosa lingua cunha soa palabra.

O dicionario crítico de dúbidas de medicina inglés-español propón para esta lingua a expresión “proceso de corte y empalme”.

Por outra banda, o portugués, aínda que propón termos como “montagem do mRNA” normalmente bota man do anglicismo para expresar esta realidade.

As fontes galegas nas que aparece este termo empregan a miúdo as seguintes equivalencias: “empalme” e “reparación do ARN”. Algúns participantes da rolda de terminoloxía non están moi conformes con estas dúas propostas e consideran máis axeitado empregar un termo que describa o resultado do proceso como é “maduración”. Ademais no Diccionario de biología y patología moleculares inglés-castellano-catalán-galego-euskara recoméndase o termo “eliminación de intróns”.

Nas linguas do noso contorno temos as seguintes equivalencias:+

Pt. splicing, montagem do mRNA <Internet>
Fr. épissage <Termcerca>
It. splicing <Internet>
Ca. empalmament <Termcerca>
En. splicing <Termcerca>