Apartado de Correos 95
15780 Santiago de Compostela
Galicia
Volver ao índice
 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

vogal, vocal, vogalía, vocalía

 

Ficha elaborada por Xurxo Feijoo

25/4/2005

 

Tras o último cambio das normas no ano 2003, denomínase "vogal" tanto á letra como ao membro dunha corporación (anteriormente denominados "vocal").

As dúbidas ortográficas xorden cos adxectivos e os substantivos referidos a estes termos. Así, por exemplo, o termo "vocalía", é dicir, a sección dunha organización ou empresa que está formada polo vogal ou vogais da mesma, dise en galego "vogalía".

Porén, o adxectivo "vocal", propio da voz (por exemplo, "cordas vocais") e outras palabras coa mesma orixe a estas (lat.vacale) serían así grafadas: vocal, vocálico, vocalismo, vocalista, vocalización, vocalizar.

Nas linguas do noso contorno temos as seguintes equivalencias:

VOGAL (son)
Pt: vogal <DLPC2001>
Fr. voyelle <GDL2000>
It. vocale <Zingvocab2001>
Ca. vocal <DIEC1995>
En. vowel <Collins1993>

VOGAL (membro de corporación)
Pt: vogal <DLPC2001>
Fr. membre <GDL2000>
It. consigliere <Zingvocab2001>
Ca. vocal <DIEC1995>
En. member
<Collins1993>