Sociedade Galega de Terminoloxía
Apartado de Correos 95
15780 Santiago de Compostela
Galicia

 

 

 

 

benvida

Obxectivos

Actividades

Estatutos

Directiva

Actas

Socios

Novidades

Ligazóns

 

 

 

 

 

 

Acta da II Asemblea Xeral

(2 de marzo de 2006)


Presentes (Xunta Directiva):

Iolanda Galanes Santos (presidenta), Luís Daviña Facal (vicepresidente), Anxos Sobriño Pérez (tesoureira), Ana I. Martínez Fernández (vogal), Manuel C. Núñez Singala (vogal), Salvador Pérez Froiz (vogal).

Desculpan a asistencia:

Berta Castaño Torrado (secretaria), J. R. Pichel Campos (vogal).

Público asistente: 5 persoas.

Ás 17.40 horas no Salón de Graos da Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela ábrese a sesión da 2ª Asemblea Xeral da Sociedade Galega de Terminoloxía

Orde do día:

1. Lectura e aprobación, se procede, da acta da 1ª Asemblea Xeral

2. Modificación de estatutos

3. Informe da Xunta Directiva:

Contactos:
Intercambio de credenciais coa Asociación Catalá de Terminología (ACATERM), contactos coa Associação Portuguesa de Terminologia (TERMIP) e coa Asociación Europea de Terminoloxía (AET).
Contactos coa Sección de Lingua do Consello da Cultura Galega.
Contacto coa Asociación Galega de Profesionais da Tradución e da Interpretación (AGPTI).
Contacto con Termigal.
Entrevista coa Secretaría Xeral de Política Lingüística

Subvencións:
Solicitouse e conseguiuse subvención da antiga Dirección Xeral de Política Lingüística na convocatoria de 2005. Os conceptos subvencionados son: edición páxina web, papelaría e actividades de formación.

Solicitouse igualmente subvencións á Deputación da Coruña para actividade de entidades asociativas e á Consellaría de Cultura para actividades culturais.

No ano 2006 solicitouse subvención á Secretaría Xeral de Política Lingüística para diversas actividades que citamos no programa de actividades.

Actividade realizada:

Campaña de captación de socios/as particulares e institucionais.

Deseño de imaxe institucional: logotipo, papelaría etc.

Creación da páxina web da asociación http://www.terminoloxia.org

Ampliación da páxina web coa sección Ligazóns.

Ampliación da páxina web coa sección Termos a debate a partir das consultas e intervencións na lista terminoloxia@consellodacultura.org.

Acto de presentación da Sociedade Galega de Terminoloxía o 8 de xuño de 2006. O acto consistiu na presentación da páxina web da SGaT e na conferencia da prof. Teresa Cabré Castellví titulada: “Xestión terminolóxica das linguas minorizadas: Presentación xeral e algúns apuntamentos sobre o galego”.

Presentación da Sociedade Galega de Terminoloxía nos IX Encontros de Normalización Lingüística do Consello da Cultura Galega.

Organización do Curso de ferramentas informáticas aplicadas á terminoloxía.

4. Informe económico (figura en documento anexo)

5. Propostas de traballo

Formación:
- Curso de ferramentas informáticas aplicadas á terminoloxía
- Conferencia da presidenta da Asociación Europea de Terminoloxía a Dra. Rute Costa Vilhena

Difusión:
- Ampliación de contidos da páxina web
- Ampliación de contactos con outras entidades análogas
- Integración da SGaT na Rede Panlatina de Terminoloxía (Realiter)

Outros proxectos:
- Tradución do Précis de terminologie de Pavel e Nolet para publicación en web.
- Censo de produtos e produtores de Terminoloxía
- Comisión para a fixación de exónimos

6. Outros asuntos

Convenios de colaboración

7. Rolda aberta de intervencións

 

1. Lectura e aprobación, se procede, da acta da 1ª Asemblea Xeral

O secretario provisional, Salvador Pérez Froiz, en ausencia da secretaria, Berta Castaño Torrado, procede a ler a acta da I Asemblea Xeral, que se aproba por unanimidade.

2. Modificación de estatutos

Iolanda Galanes informa do cambio de domicilio social da SGaT por cambio de enderezo da presidenta.

3. Informe da Xunta Directiva

A presidenta comunica que se mantiveron contactos cos seguintes centros e institucións: ACATERM , TERMIP, AET, Sección de Lingua do Consello da Cultura Galega, AGPTI, e Termigal, ademais dunha entrevista na Secretaría Xeral de Política Lingüística.

Tamén expón que se solicitou unha axuda á Secretaría Xeral de Política Lingüística de 23.000€ para actividades diversas.

4. Informe económico

A tesoureira da SGaT, Anxos Sobriño Pérez, le o informe económico do período comprendido entre marzo de 2005 e febreiro de 2006, ambos inclusive.

Quedan aprobadas as contas.

5. Propostas de traballo

A continuación, a presidenta pasa a informar sobre as propostas de traballo:

Formación:

Apróbase a proposta para que dea unha conferencia a presidenta da Asociación Europea de Terminoloxía, Dra. Rute Costa Vilhena. Farase arredor do 25 de abril.

Ante a imposibilidade de facer antes o Curso de ferramentas informáticas aplicadas á terminoloxía, a presidenta propón que se faga ben en abril, ben en outono. Tamén fala do formato do curso: tres semanas en sesións de venres e sábado.

Xusto Rodríguez Río propón esperar a que empece o próximo curso académico. Goretti Sanmartín Rei apoia facelo no outono. Debátese sobre as datas.

Sobre o financiamento (autofinanciamento), a presidenta explica que con 30 asistentes se cobre o custo do curso.

Difusión:

Debátese e apróbase a integración da SGaT na Rede Panlatina de Terminoloxía (Realiter).

Outros proxectos:

Apróbase por unanimidade a tradución do Précis de terminologie de Pavel e Nolet para publicalo en web (ben mediante financiamento, ben mediante o esforzo dos membros da SGaT). Xusto apunta que tamén se debe traducir o Titorial de Pavel e Nolet. Apróbase por unanimidade. Comisión para a fixación de exónimos

A presidenta confirma a posibilidade de acceder, a través do Consello da Cultura Galega, ao Censo de produtos e produtores de Terminoloxía.

A continuación, Luz Méndez explica o proxecto de fixación de exónimos. Propón que se faga unha base de datos para poder consultar os citados exónimos..

Tamén propón que se creen equipos interdisciplinares cun comité científico para a fixación dos exónimos.

Establece o seguinte:

1º. Encher unha base de datos, partindo de 4 linguas: portugués, francés, castelán e inglés.

2º. Contactar coa xente que xa traballa con exónimos e mais con especialistas de linguas con outros alfabetos.

3º. Ver a posibilidade de usar o TILG e mais o TIMILG.

4º. Elaborar un dicionario cos países e as súas capitais (elaborar un dicionario de exónimos).

5º. Elaborar criterios para a fixación dos exónimos.

6º. En relación co punto 2º, analizar os problemas de adaptación dos exónimos de linguas con alfabeto distinto ao latino.

7º. Contactar co IGADI para a adaptación de exónimos.

A Asemblea aproba por unanimidade colaborar no proxecto de fixación de exónimos.

6. Outros asuntos

A presidenta explica a imposibilidade de que Berta Castaño Torrado siga como secretaria da SGaT.

Apróbase facer unha convocatoria extraordinaria da Asemblea.

Acórdase pasar a cobrar as cotas despois da conferencia de Rute Costa e antes do curso.

7. Rolda aberta de intervencións

 

Rematada a xuntanza, péchase a sesión ás 19.00 horas.

O SECRETARIO PROVISIONAL

 

Salvador Pérez Froiz

 

Visto e prace
A PRESIDENTA

 

Iolanda Galanes Santos

 

 

ANEXO

INFORME ECONÓMICO DA SOCIEDADE GALEGA DE TERMINOLOXÍA
Período: marzo de 2005-febreiro de 2006

GASTOS

Constitución da SGaT
Inscrición no Rexistro de Asociacións 31,89
Impresos do CIF 1,50
Total 33,39

Imaxe corporativa e papelaría
Deseño da imaxe 191,88
Papelaría e trípticos informativos 1300,00
Total 1491,88

Sitio web
Dominio xuño-agosto 20,46
Dominio setembro-novembro 20,46
Dominio decembro-febreiro 20,46
Total 61,38

Outros gastos de secretaría
Apartado de correos 2005 46,10
Gastos bancarios por cobramento de cotas 35,27
Gastos bancarios por pagamentos 5,11
Total 86,48

GASTOS TOTAIS 1673,13

INGRESOS

Cotas de socios/as
Socios/as individuais (42) 1050,00
Socios/as institucionais (1) 150,00
Total 1200,00

Subvencións
Secretaría Xeral de Política Lingüística 1025,00
Total 1025,00

Outros
Doazóns 33,39
Xuros 0,16
Total 33,55

INGRESOS TOTAIS 2258,55

BALANCE

Gastos -1673,13
Ingresos +2258,55
Diferenza +585,42

MOVEMENTOS BANCARIOS

Saldo 01/03/05 0,00
Saldo 03/02/2006 585,42
Diferenza +585,42

Non hai pagamentos pendentes.

Santiago de Compostela, 2 de marzo de 2006