Sociedade Galega de Terminoloxía
Apartado de Correos 95
15780 Santiago de Compostela
Galicia
 

 

benvida

Obxectivos

Actividades

Estatutos

Directiva

Actas

Socios

Novidades

Ligazóns

 

Contidos do curso de ferramentas informáticas aplicadas ao traballo terminolóxico


O curso consta dos seguintes módulos:

MÓDULO 1

Fontes telemáticas: portais, directorios ou índices, motores de busca ou buscadores, compiladores de buscadores, metabuscadores, directorios de busca especializada, aneis temáticos, listas e foros de discusión, redes temáticas, compilacións temáticas, bibliotecas de referencia en liña etc.
Fontes instrumentais: compilacións, programas informáticos de asistencia á terminoloxía, aplicacións, tradutores en liña, etc.

Introdución á utilidade das fontes telemáticas e a súa optimización para o traballo terminolóxico. O obxectivo é dotar o alumnado das informacións básicas para documentarse no menor tempo posible sobre calquera concepto no que se procure unha denominación.Partirase de exemplos de busca terminolóxica para a localización de software e analizarase o percurso de traballo e as fontes telemáticas utilizadas.

MÓDULO 2

Fontes lingüísticas: directorios, biblioteca virtual, etc.
Fontes lexicográficas (centros e grupos de investigación, asociacións, recursos lexicográficos: dicionarios, glosarios, vocabularios, léxicos, corpus lingüísticos, abreviacións
Fontes gramaticais: gramáticas, ortografías, libros de estilo, instrumentos lingüísticos en liña (correctores etc.), servizos de consulta lingüística

MÓDULO 3

Fontes bibliográficas: directorios de bibliotecas, redes e catálogos colectivos, bibliotecas virtuais ou dixitais, librarías virtuais.
Fontes temáticas: enciclopedias (directorios, xerais, especializadas).

Procurarase desenvolver un método de busca de documentación especializada en galego.

MÓDULO 4

Fontes normativas: sitios web e, de ser o caso, bases de datos.

Fontes lexislativas que revistan as solucións terminolóxicas do “plus” de uso privilexiado ou de autoridade.

MÓDULO 5

Fontes institucionais: directorios, sitios web institucionais, web relacionadas con terminoloxía (universidades, asociacións, etc.), servizos de tradución (directorios, nacionais e internacionais).

Trátase de listar recursos e infraestrutura de traballo terminolóxicos que contan co aval institucional e que ofertan numerosos recursos en liña en calquera das linguas de referencia.

MÓDULO 6

Fontes terminolóxicas: institucións e servizos, asociacións e redes de terminoloxía, recursos terminolóxicos: bancos de datos terminolóxicos, neoloxismos, tesouros, nomenclaturas oficiais, servizos terminolóxicos.

Localización de recursos e a súa explotación. Avaliación de fontes e utilidades.