Sociedade Galega de Terminoloxía
Apartado de Correos 95
15780 Santiago de Compostela
Galicia
 

 

benvida

Obxectivos

Actividades

Estatutos

Directiva

Actas

Socios

Novidades

Ligazóns

 

Curso de ferramentas informáticas aplicadas ao traballo terminolóxico

Organización:

Sociedade Galega de Terminoloxía e Departamento de Tradución e Interpretación da Universidade de Vigo

Datas e lugar:

22, 23, 29 e 30 de novembro de 2007, na aula 9 do edificio Newton. Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo.

Horarios

Mañás de 11 a 13 h

Tardes de 16 a 20 h

(os xoves só sesións de tarde, e os venres de mañá e de tarde)

Prazas e inscrición:

50 prazas asignadas por orde de inscrición. Ábrese un prazo de preinscrición do 19 ao 21 de novembro por vía electrónica dende o web da SGaT.

Custos de matrícula:

  • Profesorado e alumnado da Facultade de Filoloxía e Tradución: sen custo
  • Socios/as - 25 €
  • Non asociados/as en paro e estudantes – 30 €
  • Non asociados/as en activo – 50 €

Obxectivos:

  • Procurarlle ao/á terminólogo/a os coñecementos adecuados para que poida documentar termos en fontes terminográficas, mais tamén terminoloxía en contexto, así como información conceptual.
  • Facilitar a relación do/da terminólogo/a co/coa especialista e coa documentación especializada.
  • Fornecer referencias de repertorios terminográficos e de entidades produtoras desta e doutras comunidades lingüísticas. Priorizarase a localización de recursos galegos e portugueses. Igualmente procurarase información doutras linguas, nomeadamente as da contorna románica.

Materiais:

Cada docente facilitará en formato electrónico unha lista de recursos con enlaces que se editará en formato cd.

Contidos

Docentes:

Facer inscrición