Sociedade Galega de Terminoloxía
Apartado de Correos 95
15780 Santiago de Compostela
Galicia
 

 

benvida

Obxectivos

Actividades

Estatutos

Directiva

Actas

Socios

Novidades

Ligazóns

 

Socios

Os socios da SGaT pertencen normalmente a algún dos seguintes colectivos:

  • Persoal de servizos lingüísticos institucionais ou privados que se dedique á tradución, asesoramento, corrección e redacción de textos.
  • Persoal de empresas que prestan servizos de asesoramento, formación, dinamización e xestión lingüística.
  • Especialistas e investigadores con interese na terminoloxía galega con formación e dedicación en terminoloxía en calquera área de coñecemento.
  • Tradutores e intérpretes profesionais: profesionais da tradución e da interpretación, principalmente especializada, que exercen por conta propia.
  • Persoal do sector das novas tecnoloxías: profesionais da informática e da lingüística que traballen na produción de ferramentas informáticas deseñadas para tarefas lingüísticas (correctores, dicionarios, corpus,...).
  • Docentes de ensino medio e universidade: profesores de ensino medio que teñan relación ou interese na terminoloxía e profesores universitarios de materias relacionadas coa terminoloxía e afíns.
  • Lingüistas dos medios de comunicación: persoal ao servizo de empresas de comunicación públicas ou privadas que realice traballo de asesoramento lingüístico.
  • Estudantes de filoloxía, tradución interesados na terminoloxía e nas linguaxes de especialidade, así como estudantes de calquera outra área non lingüística que estean interesados no desenvolvemento do galego como lingua vehicular nas diferentes áreas técnicas e científicas.

Se este é o teu caso e queres asociarte, non dubides en contactar connosco

A SGaT mantén relacións de colaboración con